USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
News
RAMÓN Y CAJAL 2019 - INCORPORACIÓN 2020
Oferta institucional de prazas correspondente á convocatoria 2019 das axudas “Ramón y Cajal”
Published: 23/12/2019

O pasado dia 20 de decembro o Consello de Goberno da USC aprobou a Oferta institucional de prazas correspondente á convocatoria 2019 das axudas Ramón y Cajal correspondente á  convocatoria da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación publicada no BOE 11/12/2019.

Dacordo co aprobado, a USC ofertará unha praza de investigador RyC por cada unha das áreas temáticas recollidas no Anexo I da convocatoria co obxectivo principal de que todas as áreas de coñecemento da Universidade sexan susceptibles de recibir cando menos un investigador procedente desta convocatoria.

Na consideración do anterior, as prazas ofértanse con perfil aberto e sen adscrición directa inicial a Grupos ou Areas de Coñecemento específicos, cuestión que deberá determinarse no proceso de formalización dos posibles Acordos de Incorporación. Non obstante, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación habilitará na páxina web da USC e de xeito visible a información oportuna para presentar diante dos potenciais candidatos as características da Oferta Institucional, así como as oportunidades que presenta a USC para o  desenvolvemento da súa carreira científica.

A Vicerreitoría de Investigación e Innovación


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact