USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers
Portal da Investigación

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Código de Buenas Prácticas en la Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
News
VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN E VICERREITORÍA DE PLANIFICACIÓN, TECNOLOXÍAS E SUSTENTABILIDADE
Portal da Investigación da USC
Published: 12/04/2021

A toda a comunidade universitaria,

Dende esta mañá atópase publicado en aberto o Portal da Investigación logo de superar a fase de probas desenvolta nos últimos dous meses. Esta nova ferramenta supón unha clara aposta por difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de investigación da nosa institución. Tamén se busca facilitar o acceso ás publicacións e datos de investigación, mellorando as vías de acceso á ciencia en aberto. Finalmente, vai contribuír, a bo seguro, a establecer unha relación entre o financiamento e os seus resultados, realizando un exercicio de transparencia así como a mellorar a visibilidade e o impacto da institución.

Podedes atopar toda a información sobre as funcionalidades do portal, as fontes das publicacións e proxectos, o rol da Biblioteca Universitaria e a Vicerreitoría de Investigación así como outras cuestións na seguinte ligazón.

Do mesmo xeito que se fixo na fase de probas, mantense habilitado un formulario electrónico co obxectivo de que todas/os as/os investigadoras/es da USC poidan enviar suxestións ou correccións.

Cando a evolución da pandemia o permita, agardamos que sexa o máis pronto posible, realizarase unha campaña de fotografía institucional para poder dotar dunha imaxe oficial cada perfil (individual e tamén de grupos/centros/institutos de investigación).

Un saúdo,

Vicente Pérez Muñuzuri

Vicerreitor de Investigación e Innovación

Gumersindo Feijoo Costa

Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact