VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Convocatoria de doutoramento industrial 2022
Published: 11/10/2022
Ven de publicarse no DOG a convocatoria de doutoramento industrial.
O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 3 anos.