Convocatoria de solicitude de prestación de servizos na modalidade de Teletraballo PAS-PERSOAL e CAP. VI
Published: 13/10/2022
Publicada a resolución da Xerencia, de 14 de outubro de 2022, pola que se convoca a solicitude de prestación de servizos na modalidade de Teletraballo, destinada ao persoal de administración e servizos e ao persoal investigador e de apoio á investigación ao que non lle sexa de aplicación o Convenio colectivo do persoal docente e investigador, que ocupe postos de traballo susceptibles de ser desempeñados na modalidade de teletraballo e que realice o rexistro da súa xornada laboral na plataforma informática habilitada para eses efectos.
O prazo de solicitudes comeza o 17 de outubro e remata o 7 de novembro (ambos incluidos).