Veñen de publicarse no BOE as axudas para promover a cultura de defensa 2023.
Promover actividades de promoción e difusión da cultura da defensa, que promovan o coñecemento da defensa como elemento esencial para garantir a seguridade e o benestar en España para que as sociedades españolas coñezan, valoren e se identifiquen coa súa historia e co esforzo solidario a través do cal as Forzas Armadas salvagardan os intereses nacionais.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta orde no BOE, é dicir, ata o 22 de marzo. O prazo interno para garantir a presentación por parte do Representante Legal establécese para o 17 de marzo.
Esta convocatoria está destinada a proxectos ou actividades realizadas dende o 1 de xaneiro ata o 2 de novembro de 2023.
As solicitudes das persoas xurídicas, públicas ou privadas deberán presentarse por vía electrónica exclusivamente a través da Sede Electrónica Central do Ministerio de Defensa (ACCEDA Defensa) (https://sede.defensa.gob.es/acceda)
Santiago de Compostela, 01 de marzo de 2023 Vicerreitoría de Política Científica |