Xestións On-Line |  |
|
Referencias na Prensa á Investigación na USCCo obxectivo de que a sociedade coñeza a utilidade do labor investigador da Universidade de Santiago, e tamén que a industria identifique á Institución como socio con experiencia e prestixio na realización de proxectos científico-tecnolóxicos, a OIT inclúe nas súas actividades a divulgación da investigación desenvolvida na USC.
Notas de Prensa | CIMUS | A Universidade de Nottingham nomea a María José Alonso doutora "honoris causa" | Publicado: 1/8/2022 | A catedrática da USC María José Alonso acaba de ser nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Nottingham, institución de referencia a nivel internacional no ámbito da Farmacia e Farmacoloxía. A profesora Alonso agradeceu esta distinción e fíxoa extensiva a todos os seus compañeiros e compañeiras. "Síntome sumamente honrada por tan marabilloso recoñecemento. Quero expresar toda a miña gratitude á Universidade de Nottingham, un referente mundial no campo da Farmacia, e en especial a Maria Marlow e Cameron Alexander polo seu apoio. Así mesmo, quero compartila con todo o equipo que me acompañou ao longo da miña carreira", dixo a tamén investigadora do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS).
Máis información |
| CITIUS | A tese de Iria de Dios Flores é distinguida pola Sociedade Española de Lingüística como a mellor do Estado en 2021 | Publicado: 29/7/2022 | A tese da investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) Iria de Dios Flores acaba de ser distinguida como o mellor traballo doutoral do ano 2021 pola Sociedade Española de Lingüística (SEL), unha entidade científica e non lucrativa que agrupa a especialistas de todos os ámbitos da ciencia da linguaxe. O ditame do xurado coñeceuse tras a clausura da quincuaxésima edición do Simposio e o IV Congreso da Sociedade, aprazado en 2021 e que se celebrou en Madrid.
Máis información |
| I+D | O Ránking de Shanghai destaca a USC nun total de quince ámbitos científicos | Publicado: 26/7/2022 | A USC é unha das universidades máis destacadas do mundo nun total de quince ámbitos científicos na edición 2022 do ránking de Shanghai por materias (ARWU). Así, en Odontoloxía e ciencias orais a Universidade ocupa o chanzo 101-150 a nivel mundial, situándose na segunda posición da contorna estatal. A segunda área máis destacada da USC é a de Ciencias veterinarias, no mesmo intervalo internacional e na oitava posición entre as universidades españolas incluídas na clasificación.
Máis información |
| I+D | Unha investigación do CITMAga sobre xemelgos dixitais, portada da revista "Mathematical Methods in the Applied Sciences" | Publicado: 13/7/2022 | O artigo titulado "Concept and solution of digital twin based on a Stieltjes differential equation" asinado por investigadores da USC e da UVigo ocupa a portada do último número da revista Mathematical Methods in the Applied Sciences. Os científicos lograron desenvolver neste traballo un código baseado no concepto de ‘xemelgo dixital’, co que predicir a evolución de doenzas como a COVID-19 a curto, medio e longo prazo. Así, a través dunha simulación virtual poden observar como tería sido a evolución da pandemia no caso de non ter adoptado distintas medidas, tanto de maior control como de relaxación.
Máis información |
|
|
Buscador Prensa
|
Nos últimos seis anos tense difundido información sobre máis de 300 proxectos e liñas de investigación que supuxeron máis de 800 páxinas completas dedicadas á investigación na USC.
As notas de prensa orixinais que deron lugar a esta información nos xornais poden ser consultadas no seguinte buscador:
|
|
Lista de distribución | A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da lista de distribución USC-INVESTIGACION. Axuda e soporte
Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.
|
|