Xestións On-Line | |
|
GI-1683
-
FARMACOLOXÍA DAS ENFERMIDADES CRÓNICAS []
Datos grupo
Código: |
GI-1683 |
Nome Corto: |
CD Pharma |
Nome Largo: |
Farmacoloxía das enfermidades crónicas |
Departamento: |
Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
Contacto: |
Telf.
|
Liñas de Investigación - No grupo de investigación CD Pharma centrámonos na procura de novos medicamentos con potencial efecto beneficioso fronte a diversas patoloxías crónicas. Con esa finalidade tamén profundizamos no estudo da orixe molecular das devanditas patoloxías. Poseemos una ampla traxectoria de investigación da función vascular e plaquetaria, xunto co estudo da farmacoloxía do envellecemento celular e da neurodexeneración, con especial atención ás enfermidades de Alzheimer e de Parkinson. Ademais, na actualidade estamos traballando no estudo de patoloxías pancreáticas, como son a pancreatite e o adenocarcinoma ductal pancreático.
Servizos e Recursos - Dispoñemos da infraestructura necesaria para a realización dos seguintes experimentos, encamiñados á evaluación de fármacos con potencial actividade cardiovascular: 1.- Experimentos 'in vivo'. Medidas dos distintos parámetros cardiovasculares (presión arterial, frecuencia cardíaca, gasto cardíaco, etc.) en ratas conscientes, anestesiadas e desmeduladas. Hipertensión experimental en ratas (DOCA-sal, neurógena, etc). 2.- Experimentos 'in vitro': 2.1.- Contracción do músculo cardíaco, músculo liso vascular (vasos de conducción, resistencia e capacitancia), músculo liso non vascular, fluxos de entrada e saida de 45Ca en tecidos vasculares e non vasculares, liberación e recaptación de [3H]-noradrenalina, etc. 2.2.- Cultivo primario de células vasculares (miocitos e/ou endoteliais). Experimentos en células vasculares dispersas diariamente e/ou en cultivo: Determinación de concentracións citosólicas de GMP cíclico, experimentos de electrofisioloxía, utilizando técnicas de 'patch-clamp' e de epifluorescencia / microfotometría acopladas, etc. 2.3.- Experimentos con fraccións subcelulares. Actividade de Ca2+-ATPasas, actividade MAO, etc. Por orto lado, para a evaluación de compostos que modulan a resposta das plaquetas sanguíneas, dispoñemos fundamentalmente de técnicas de agregometría de transmisión da luz e da impedancia, fluorimetría e ciclometría de fluxo.
Palabras chave - Células vasculares
Plaquetas
Células acinares pancreáticas
Neuronas
Novos fármacos
Sinalización intracelular
Enfermidades cardiovasculares
Alzheimer
Pancreatite
Adenocarcinoma ductal de páncreas
Investigadores Nome | Cargo | PIID | ORCID | Contacto: | | | | | | IP Investigador Principal, IFP Investigación en Formación e Perfeccionamento, PA Persoal de Apoio |
|