Guía de Convocatorias
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Contratos laborais Convocatoria Pública extraordinaria 19/2020 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación (urxente e de carácter excepcional)
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 23/12/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria do Subprograma Juan de la Cierva 2020
Estado: Aberta Resume: As axudas teñen como obxectivo fomentar a contratación laboral de novos doutores por un período de dous anos co obxecto de que estes afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.
Axudas para contratos Juan de la Cierva-incorporación 2020
Prazo: 15/12/2020-19/01/2021 a las 14:00 horas, hora peninsular española.
Axudas para contratos Juan de la Cierva-formación 2020
Prazo: 17/12/2020-21/01/2021 a las 14:00 horas, hora peninsular española. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades Publicado en: Outros Prazo: según convocatoria Ligazón de interese: Abrir páxina
Mobilidade Axudas á mobilidade para estancias breves e traslados temporais para beneficiarios do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU)
Estado: Aberta Resume: Teñen por obxecto reforzar a internacionalización da formación científica e capacidade técnica, mediante a súa incorporación a un centro ou grupo de investigación relevante no ámbito internacional e vinculado ao campo científico, técnico ou artístico correspondente ao contido da tese doutoral para a que se concedeu a axuda. Entidade Convocante: Ministerio de Universidades Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 15/02/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións Expresións de interese para actuar como avaliador ou avaliadora da DEVA
Estado: Aberta Resume: Está estructurada en 24 comisións temáticas constituidas por un presidente o presidenta e varios colaboradores, todos eles científicos de prestixio adscritos a universidades e organismos de investigación o desenvolvemento tecnolóxico.
A presentación de expresións de interese, aberta a todos os axentes que participan na sociedade do coñecemento, debe realizarse directamente na ligazón http://deva.aac.es/bancoEvaluadores, cumprimentando a ficha que aparece ao pulsar Novo Rexistro ou, en caso de xa estar rexistrado, actualizando a información contida na Base de datos.
http://deva.aac.es/?id=informaciongeneralinvestigacion Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Premios Fundación Lilly de Investigación Biomédica Preclínica e Clínica 2021
Estado: Aberta Resume: A información detallada, como BASES, FORMULARIOS e NORMAS de presentación de candidaturas, está dispoñible na nosa páxina web na seguinte dirección: Premios Fundación Lilly de Investigación Biomédica 2021. O prazo de presentación de candidatos para esta edición rematará o día 17 de febreiro de 2021 (inclusive).
BASES Entidade Convocante: Fundación Lilly Publicado en: Outros Prazo: 17/02/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Rei Jaume I 2021
Estado: Aberta Resume: Os Premios Rei Jaume I creáronse en 1989 co obxectivo de axuntar, en estudos e investigación, a entidades científicas e empresariais para a promoción da investigación, o desenvolvemento científico e o emprendemento en España. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 05/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premio Investigación Científica na Saúde
Estado: Aberta Resume: Promovido pola Fundación hna e dotado con ata 100.000 euros para un único proxecto.
O obxectivo da convocatoria é identificar e impulsar as iniciativas máis prometedoras, de maior excelencia científica e de maior valor potencial e impacto social en investigación sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 31/03/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Convocatoria ISCIII 2021
Estado: Aberta Resume: Convocatoria correspondente ao ano 2021 mediante tramitación anticipada de concesión de subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020.
a) Actuacións obxeto de axuda dos Subprogramas Estatales de Formación, Incorporación e Mobilidade.
b) Actuacións obxeto de axuda do Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento.
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/541699
https://sede.isciii.gob.es Entidade Convocante: Instituto de Salud Carlos III Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: según convocatoria Ligazón de interese: Abrir páxina
|