Convocatorias 2020
Ayudas » Sin clasificación Axudas programa ERC
Estado: Cerrarda Resumen: Os programas de financiamento xestionados polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao mellor persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 28 Estados Membros da Unión Europea ou os seus países asociados. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes axudas,
- ERC Starting Grant (StG): apoio ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, dirixida á creación do seu propio equipo de investigación independente.
- ERC Consolidator Grant (CoG): apoio ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, que están dirixidas a consolidar o seu propio equipo de investigación independente.
- ERC Advanced Grant (AdG): apoio ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación.
- ERC Synergy Grant (SyG): apoio a proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.
Co obxectivo de promover a petición destas axudas estratéxicas por parte do persoal investigador da USC, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación abre unha Liña de Axudas destinadas a co-financiar os custos asociados aos traballos de asesoramento ou consultaría na preparación e redacción da proposta a presentar ao ERC.
Esta Liña de Axudas estará aberta ao longo do ano 2020 estando dirixida a aquelas propostas formalizadas a través da Unidade de Proxectos Europeos da Vicerreitoría de Investigación e Innovación que se teñan presentado ou se presenten no marco das convocatorias xestionadas polo ERC. Especificamente contemplaranse as solicitudes presentadas nas convocatorias ERC-2020-StG, ERC-2020-CoG, ERC-2020-AdG e ERC-2020-SyG dentro do Programa H2020, así como as posibles convocatorias para o ano 2021 publicadas polo ERC dentro do Programa Horizonte Europe que teñan o mesmo obxectivo e cuxo peche teña lugar ao longo do ano 2020.
Para esta Liña de Axudas o VII dedicará 15.000€ do seu orzamento, e a financiación máxima por axuda será de 2.000€.
Para a solicitude e percepción da axuda é necesaria a presentación da seguinte documentación,
- Copia da factura pagada da consultora.
- Conta ORCID do IP que deberá estar activa e actualizada a 2020 no momento de solicitar a axuda.
A documentación presentarase a través do rexistro electrónico da Universidade con oficio dirixido ao Servicio de Convocatorias e RRHH de I+D indicando no Asunto da Solicitude Axudas programa ER. Entidad Convocante: Publicado en: Outros Enlace de interés: Abrir páxina
Documentos y enlaces relacionados
Volver
|