Convocatorias 2020
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Bolsas FUNDAME 2024
Estado: Aberta Resume: Bolsas para realizar un traballo de investigación en universidades e centros no estranxeiro, dirixida a candidatos que estean en posesión do título de doutor ou de especialidade MIR, BIR, FIR, PIR, QIR ou RFIR. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 30/04/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Axudas de apoio a etapa de formación posdoutoral 2024
Estado: Pechada Resume: A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright. Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 19/03/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 06/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Aberta Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 02/04/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Premios MEDES 2024
Estado: Aberta Resume: O obxectivo do seu XV edición é recoñecer, no ámbito dos países de fala hispana, aquelas iniciativas que favorecen a utilización do español na comunicación do coñecemento biomédico e das ciencias da saúde, así como as institucións que fan posible o logro destes obxectivos. Entidade Convocante: Fundación Lilly Publicado en: Outros Prazo: 19/04/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
XIX edición Premios Fundación BBVA á Conservación da Biodiversidade
Estado: Aberta Resume: Os Premios á Conservación da Biodiversidade da Fundación BBVA pretenden recoñecer e incentivar o labor das organizacións conservacionistas, as institucións e os organismos que desenvolven políticas ou funcións de conservación ambiental, así como a de profesionais da comunicación que contribúen co seu traballo para protexer o patrimonio natural. Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Outros Prazo: 05/04/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Convocatoria de concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P. cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus para impulsar a transición ecolóxica a través de actuacións de capacitación dirixidas a persoas desempregadas, traballadoras e emprendedoras
Estado: Aberta Resume: A finalidade destas subvencións é apoiar proxectos que impulsen a transición ecolóxica da economía a través de actuacións de capacitación, dirixidas a persoas desempregadas, traballadoras e emprendedoras. Os proxectos darán resposta aos retos actuais vinculados á transición ecolóxica, contribuíndo a abordar as transformacións sistémicas dos sectores económicos mediante a adquisición de competencias necesarias para responder ás novas oportunidades de emprego no marco dunha economía verde. Á súa vez, as accións contribuirán á redución das brechas de xénero, a igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes e a facer fronte ao reto demográfico.
BOE Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 02/06/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais para o ano 2024
Estado: Aberta Resume: Os proxectos susceptibles de beneficiarse deste réxime de axudas haberán de ser de investigación orientada á adquisición de novos coñecementos científicos aplicables aos principios que orientan a natureza e función dos parques nacionais.
Os proxectos deberán referirse a un ou varios dos parques nacionais incluídos na Rede de Parques Nacionais.
Os proxectos terán unha duración de tres anos. Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 06/05/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria 2023: Programa Prismas e Problemas - BBVA
Estado: Aberta Resume: A convocatoria Prismas e Problemas busca capturar e xerar o mellor coñecemento para construír enfoques innovadores para o tratamento de cuestións da maior relevancia social e ambiental.
Os retos propostos na primeira convocatoria do Programa Prismas e Problemas son:
o Ciclo da auga en España, usos e xestión.
o Conservación de ecosistemas críticos en España.
o Valores, regulación, e aplicacións da Intelixencia Artificial.
o Dixitalización e dispositivos móbiles no ensino.
o Modelos educativos e resultados.
o Novos: empregabilidade, acceso á vivenda e relacións interpersoais.
o Violencia de xénero: análise comparada.
o Democracia e Estado de Dereito en Europa.
A dotación global desta convocatoria está fixada en 3 millóns de euros.
O prazo máximo de execución dos proxectos seleccionados será de 24 meses.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro de 2024 ao 30 de abril de 2024, ás 12:00 horas do mediodía (hora peninsular).
Más información: axudas-investigacion@fbbva.es Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Outros Prazo: 30/04/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
|