USC » Investigación » Investigadores » axudas » 2020
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador
Axudas Propias USC
Convocatorias 2021
Convocatorias 2020
Convocatorias 2019
Convocatorias 2018
Financiamento á investigación
Proxectos Internacionais de I+D+i
Contratación de I+D+i (Empresas,Administracións,...)
Subárea Económica
Produción Científica
Emprego en I+D
Guía de Convocatorias
Comité de Bioética
Acceso aplicación web Kairós
OIT Virtual

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Convocatorias 2020

Axudas » Sen clasificación


Axudas programa ERC

Estado: Pechada
Resume:

Os programas de financiamento xestionados polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao mellor persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 28 Estados Membros da Unión Europea ou os seus países asociados. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes axudas,

  • ERC Starting Grant (StG): apoio ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, dirixida á creación do seu propio equipo de investigación independente.
  • ERC Consolidator Grant (CoG): apoio ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, que están dirixidas a consolidar o seu propio equipo de investigación independente.
  • ERC Advanced Grant (AdG): apoio ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación.
  • ERC Synergy Grant (SyG): apoio a proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.

Co obxectivo de promover a petición destas axudas estratéxicas por parte do persoal investigador da USC, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación abre unha Liña de Axudas destinadas a co-financiar os custos asociados aos traballos de asesoramento ou consultaría na preparación e redacción da proposta a presentar ao ERC.

Esta Liña de Axudas estará aberta ao longo do ano 2020 estando dirixida a aquelas propostas formalizadas a través da Unidade de Proxectos Europeos da Vicerreitoría de Investigación e Innovación que se teñan presentado ou se presenten no marco das convocatorias xestionadas polo ERC. Especificamente contemplaranse as solicitudes presentadas nas convocatorias ERC-2020-StG, ERC-2020-CoG, ERC-2020-AdG e ERC-2020-SyG dentro do Programa H2020, así como as posibles convocatorias para o ano 2021 publicadas polo ERC dentro do Programa Horizonte Europe que teñan o mesmo obxectivo e cuxo peche teña lugar ao longo do ano 2020.

Para esta Liña de Axudas o VII dedicará 15.000€ do seu orzamento, e a financiación máxima por axuda será de 2.000€.

Para a solicitude e percepción da axuda é necesaria a presentación da seguinte documentación,

  • Copia da factura pagada da consultora.
  • Conta ORCID do IP que deberá estar activa e actualizada a 2020 no momento de solicitar a axuda.

A documentación presentarase a través do rexistro electrónico da Universidade con oficio dirixido ao Servicio de Convocatorias e RRHH de I+D indicando no Asunto da Solicitude Axudas programa ER.


Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela
Publicado en: Outros
Ligazón de interese: Abrir páxina


Documentos e enlaces relacionados

Voltar

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto