Doutora en Ciencias Biolóxicas pola USC. Catedrática de Universidade. Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, USC. 5 sexenios de investigación. Investigadora principal de 9 proxectos financiados polo governo central (CICYT, Ministerio de Ciencia y Tecnología; Ministerio de Economía y Competitividad) e 8 polo autonómico (Xunta de Galicia) relacionados coa fertilidade dos solos, coa toxicidade do Al, coa contaminación do solo (metais pesados, flúor, pesticidas, antibióticos) coa recuperación de espazos degradados e coa reciclaxe de residuos (cuncha de mexillón, cinzas de combustión de biomasa, cortiza de piñeiro…) a nivel agrícola e ambiental (para reter contaminantes). Tamén como investigadora principal, firmei máis de 65 contratos coa administración e con empresas relacionadas con actividades industriales que causan impactos ambientais, de xestión de residuos e de fertilizantes (Aluminio Español, Novotec Consultores, Applied Mass Spectrometry Laboratory, Abonomar, Calizas Marinas, Delagro y cooperativas agrarias…) realizando actividades específicas de asesoramiento no ámbito agrícola, ambiental e tecnolóxico. Ademais colaborei como investigadora en 27 proyectos de investigación de convocatorias públicas (4 europeos) e en varios contratos con empresas. En relación cos proxectos financiados e coas miñas líneas de investigación, publiquei 230 artigos de investigación, 120 en revistas internacionales íncluidas no JCR de alto índice de impacto (Geoderma; Journal of Hazardous Materials; Journal of Cleaner Production; Applied Soil Ecology; Chemosphere, entre outras). Tamén publiquei máis de 60 entre libros e capítulos de libro e presentei máis de 155 comunicacións a congresos nacionais e internacionais. Nos últimos 5 anos (2015-2020) publiquei 65 artígos indexados no JCR, a maioría en revistas Q1.
|