USC » Research » Researchers » Funding » National
Research Resources
Research Groups
USC Researchers
Portal da Investigación

Investigation Service
Services to personal researchers
USC own grants
Research funding
Regional funding
National funding
International funding
Subarea International Project's
Contracting of R&D (Companies,Administration,...)
Division of Economic
Scientific production
Job in R&D
Guide of Calls
Comité de Bioética
Acceso aplicación web Kairós
OIT Virtual
XACUS

Others
Programas propios de investigación
Persoal investigador e de apoio á investigación: a reforma laboral
Registro de Investigadores/as Visitantes
Autorización de permisos para a asistencia a congresos, xornadas, etc do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos
NORMATIVA
Acordos Transformativos (AT)
Declaración Institucional de Medidas Antifraude
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Código de Buenas Prácticas en la Investigación
Acordo do 8/03/2023 sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Modificación do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2021
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Data límite presentación propostas convocatoria 8/2024 (13/05/2024)
Reglamento de selección de personal investigador y de apoyo a la investigación en el marco de actividades y programas de I+D+i (texto consolidado)
Modificación do Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations

National funding

 » --


Convocatoria Beatriz Galindo para la atracción del talento investigador 2023

State: Closed
Summary:

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou a convocatoria de axudas Beatriz Galindo 2023 (BOE do 29 de decembro) dirixida a incorporarcon carácter estable, persoas investigadoras e/ou docentes que estean desenvolvendo parte da súa carreira profesional en centros de investigación e/ou universidades estranxeiras fóra de España na data de publicación da convocatoria no BOE.

 As características máis relevantes destas axudas son as seguintes: 

  • Cada universidade pode solicitar un máximo de 5 axudas.
  • Establécense dúas modalidades:
    • Senior (experiencia mínima de 7 anos en docencia e investigación en centros de investigación e/ou universidades estranxeiras desde a obtención do titulo de doutor)
    • Junior (experiencia, como máximo, de 7 anos en docencia e investigación e/ou universidades estranxeiras desde a obtención do título de doutor.
  • As persoas seleccionadas formalizarán un contrato de profesor/a distinguido/a cunha duración de 4 anos con opción de estabilización á finalización do contrato na categoría para a que estea acreditado/a ou na mesma categoría con carácter permanente, de ser o caso.
  • A modalidade senior require dun cofinanciamento de 25.000 euros por ano e a modalidade junior require de 15.000 euros por ano. As retribucións brutas a percibir son de, aproximadamente, 68.000 euros na modalidade senior e 37.800 na modalidade junior. 

Co fin de poder formular unha solicitude que teña posibilidades de éxito ponse en coñecemento da comunidade universitaria para que as persoas interesadas podan formular unha declaración de intencións ata o día 12 de xaneiro. O goberno da Universidade ten un especial interese en promover a captación de investigadores da modalidade senior, polo que priorizará as declaracións desta modalidade. 

Esta declaración deberá conter a seguinte información: 

  • Identificación da persoa propoñente.
  • Breve CV das persoas candidatas onde se destaque a súa capacidade para a captación de recursos externos.
  • Breve descrición do proxecto de necesidade docente con indicación da área de coñecemento na que se adscribiría.
  • Breve descrición do proxecto investigador e de transferencia do coñecemento.
  • Capacidade de cofinanciamento por parte dun centro, instituto ou grupo de investigación onde se integre a persoa.
  • Breve descrición da posibilidade da persoa aspirante para dirixir equipos humanos como investigador/a principal, dirixir centros de investigación ou transferencia de coñecemento e innovación, ou de instalacións e programas científicos e tecnolóxicos singulares de gran relevancia no ámbito de coñecemento de que se trate.

 As declaracións deberán enviarse antes do venres 12 de xaneiro ás 14:00 por correo ao seguinte enderezo investigacion.rrhh@usc.es co asunto CANDIDATURA BEATRIZ GALINDO.

CONVOCATORIA MINISTERIO


Vicerreitoría de Política Científica, Vicerreitoría de Profesorado e Xerencia


Financing institution: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
Published in:
Publication date: 27/12/2023
Deadline: 28/01/2024
Links of interest: Open page


Related documents and links

Back

Vice-chancellor’s office for Scientific Policy | imaisd@usc.gal | Contact