USC » Investigación » Eventos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Resolución reitoral pola que reabre o plazo de presentación de solicitudes das convocatorias 3/2020 e 4/2020_I, interrompido pola suspensión dos plazos administrativos do estado do estado de alarma declarado o 14 de marzo 2020
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Eventos relacionados coa Investigación

Nesta sección recollemos algún dos eventos de interese para os investigadores.


CONFERENCIAS
Ciclo de conferencias sobre a COVID-19

Descricion:

No marco do Campus da Cidadanía, estamos a organizar un ciclo de conferencias sobre a COVID-19 coa finalidade de aproximarnos a esta nova realidade dende unha perspectiva interdisciplinaria. Este ciclo contará cunha serie de expertos e expertas que nos ofrecerán a súa visión e análise crítica da situación actual, presentando as principais claves para entender este novo contexto que estamos a vivir. Alén diso, estas intervencións abordarán tamén o efecto que esta crise pode ter no futuro, aludindo aos distintos escenarios que se abren e ás súas consecuencias en diversos eidos: educación, cultura, economía, sistema de saúde, relacións sociais, política, bioseguridade, etc.

A asistencia a esta videoconferencia farase a través de Microsoft Teams, facilitarase un enlace o día antes da conferencia. Ao remate da mesma abrirase unha quenda de preguntas co noso poñente invitado a través da sección de Preguntas e respostas desta plataforma.

O público externo á USC poderá atopar a ligazón de asistencia na sección Axenda da páxina web da universidade.

 
Mércores 27 de maio
Virus emerxentes
Carmen Rivas
CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas)

Martes 2 de xuño
A Historia en tempos de andazo! Coñecer pasados e pensar futuros
Lourenzo Fernández Prieto
Departamento de Historia


Data do evento: 14/04/2020 - 15/06/2020
Lugar: Microsoft Teams. Hora: 18:00 h.



CONFERENCIAS
Ciclo Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo: Do corazón da materia ao interior das estrelas

Descricion:

Ás veces, atopar a orixe das cousas máis pequenas nas que se pode pensar require descubrir como nacen e morren as estrelas. E os mecanismos que inventamos no laboratorio para entender os misterios dos núcleos atómicos serven para diagnosticar e curar enfermidades. O xoves 28 de maio ás 16:00 (hora de Madrid), o investigador do IGFAE, Héctor Alvarez Pol, fará, na cuarta sesión do ciclo Universo Peregrino, unha breve revisión do mundo subatómico, lembrándonos que todos somos po de estrelas.

"Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo" é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes seguila en directo facendo click aquí (https://bit.ly/universoperegrino28maio), ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.


Data do evento: 28/05/2020
Lugar: online ás 16:00 (hora de Madrid)
Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)



Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto