Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2022
Estado: Cerrarda Resumen:
A finalidade desta convocatoria é posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.
Trátase de continuar a formación dos doutores e doutoras que obtiveron unha axuda para a súa formación inicial na modalidade A da convocatoria de axudas de apoio á etapa posdoutoral do ano 2018. Así mesmo, preténdese a continuación da carreira investigadora do persoal investigador da convocatoria do ano 2017 que tivo unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizou o contrato e que non participou na convocatoria de 2021.