Financiamento Autonómico
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Contratos para a obtención da práctica profesional para alumnado de Máster
(curso 2022-2023)
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: O obxectivo desta acción será a de fomentar e promover o acceso e a iniciación á investigación mediante a atracción de estudantado matriculados nun Máster oficial da USC no curso 2022-2023, e que demostraron un nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación, centrado nun traballo de investigación supervisado. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 04/06/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria bolsas iniciación Campus de Especialización Campus Terra 2023
Estado: Aberta Resume: O obxecto da presente convocatoria é promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes que estean finalizando os seus estudos de Grao, ou que estean matriculados da totalidade dos créditos dun mestrado no curso 2023-2024. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 20/07/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria bolsas de verán para a iniciación á investigación nos Centros de Investigación CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE
Estado: Aberta Resume: O obxecto das bolsas será o de fomentar o inicio á investigación mediante a atracción de estudantes de alto nivel interesados en realizar unhas prácticas formativas extracurriculares no marco dun proxecto de investigación. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 08/06/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 24/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
CITMAga-OT-05-2023: contrato como investigador/a colaborador/a
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dun “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”. As funcións centraríanse neste ámbito: Farase un estudo previo dos datos históricos co obxectivo de obter a distribución temporal das compras e vendas de cada un dos artigos ao longo do tempo. Con esta información de desenvolverá un modelo preditivo que permita facer unha xestión dinámica do stock establecendo os valores mínimos e máximos de cada produto que se irán actualizando ao longo do tempo. Doutra banda, dado o gran número de artigos cos que se traballará, será de gran importancia que a metodoloxía proposta sexa eficiente desde un punto de vista computacional de forma que as solucións propostas póidanse obter nun período de tempo razoablemente curto.
Entidade Convocante: Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) Publicado en: Outros Prazo: 21/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións Avaliación da Produción Científica 2021-2022. Resultados
Estado: Aberta Resume: Avaliación da Produción Científica 2021-2022 Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios XXII Premio de Investigación del Consejo Económico y Social (CES)
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: Para promover e divulgar a investigación nas materias relacionadas coas súas funcións, convoca o XXII Premio de Investigación, cunha dotación económica de 40.000 euros. Entidade Convocante: Ministerio de Trabajo y Economía Social Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 29/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2023
Estado: Aberta Resume: A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC).
- Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC).
- Modalidade C: Proxectos de excelencia.
Borrador Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación e Universidade Publicado en: Outros Ligazón de interese: Abrir páxina
|