Guía de Convocatorias
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster 2021
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: O obxectivo desta acción é promover o acceso e a iniciación á investigación para estudantes matriculados no curso 20-21 nun máster oficial da USC que demostraron un alto nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación centrado nun traballo de investigación supervisado. Para tal fin, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación convoca 30 bolsas de iniciación á investigación. O número de bolsas poderá ser incrementado en función da dispoñibilidade orzamentaria. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 19/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
XXXIII Convocatoria para Ampliación de Estudos no Estranxeiro en Ciencias da Vida e da Materia
Estado: Aberta Resume: Dotación económica: 2.400 euros mensuais NETOS. A Fundación farase cargo dos gastos de viaxe.
Requisitos das persoas candidatas: - Nacionalidade española. - Acharse en posesión do título de doutor no momento da presentación da solicitude. Darase preferencia aos candidatos que obtivesen o grao de doutor entre 2017 e 2021. - Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación estranxeiro para o ano 2022. - Coñecemento suficiente do inglés ou do idioma do país de destino. - Estas Bolsas están destinadas a promover a primeira estancia posdoutoral no estranxeiro, polo que non serán candidatos elexibles aqueles que o 30 de xuño de 2021 realizasen unha estancia no estranxeiro igual ou superior a un ano.
Información da convocatoria Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 30/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria 3/2021 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 15/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
ITMATI-OT-02/2021: para proxecto Modelado do envellecemento de baterías para almacenamento de enerxía
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: 1 contrato por trámite de urxencia de 9 meses (a xornada completa durante 5 meses e a xornada parcial durante 4 meses) como investigador/a para o proxecto de investigación "Modelado do envellecemento de baterías para almacenamento de enerxía", no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía. Entidade Convocante: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) Publicado en: Outros Prazo: 16/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións Premios Nacionais de Investigación
Estado: Aberta Resume: A concesión dos Premios Nacionais de Investigación ten por finalidade o recoñecemento, por unha banda, do mérito de investigadores españois cunha dilatada carreira científica que estean a realizar un labor destacado nas súas respectivas áreas de investigación e contribuíndo de forma relevante ao avance do coñecemento; e, por outro, do mérito de investigadores españois menores de 40 anos que realicen un traballo excelente e alcancen logros relevantes nas súas respectivas áreas de investigación. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia e Innovación Publicado en: Boletín Oficial do Estado Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Premios Talento Mozo Galicia
Estado: Aberta Resume: Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas. - Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas. - Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria. Entidade Convocante: Consellería de Política Social Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 30/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
II Edición Premios Fundación Real Academia das Ciencias ao Novo Talento Científico Feminino
Estado: Aberta Resume: Estrutúranse nas catro categorías seguintes:
- Matemáticas e ciencias afíns
- Física, Química e ciencias afíns
- Bioloxía, Xeoloxía e ciencias afíns
- Aplicacións da ciencia á tecnoloxía
Cada premio (un por categoría) terá unha dotación económica de 2.500 euros, podéndose declarar vacante algunha categoría se non houbese candidatas adecuadas. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 13/06/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Agustín de Betancourt y Molina - Juan López de Peñalver 2021
Estado: Aberta Resume: Os premios "Agustín de Betancourt e Molina" e "Juan López de Peñalver" destínanse a investigadores e profesionais no campo da enxeñería que o 1 de xaneiro de 2021 teñan menos de 40 anos de idade e que manteñan vinculación con España, onde desenvolvesen parte significativa dos seus traballos. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 31/05/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
|