Financiamento Nacional
Contratos Laborais » Sen clasificación Convocatoria Beatriz Galindo para la atracción del talento investigador 2023
Estado: Pechada Resume: O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou a convocatoria de axudas Beatriz Galindo 2023 (BOE do 29 de decembro) dirixida a incorporar, con carácter estable, persoas investigadoras e/ou docentes que estean desenvolvendo parte da súa carreira profesional en centros de investigación e/ou universidades estranxeiras fóra de España na data de publicación da convocatoria no BOE.
As características máis relevantes destas axudas son as seguintes:
- Cada universidade pode solicitar un máximo de 5 axudas.
- Establécense dúas modalidades:
- Senior (experiencia mínima de 7 anos en docencia e investigación en centros de investigación e/ou universidades estranxeiras desde a obtención do titulo de doutor)
- Junior (experiencia, como máximo, de 7 anos en docencia e investigación e/ou universidades estranxeiras desde a obtención do título de doutor.
- As persoas seleccionadas formalizarán un contrato de profesor/a distinguido/a cunha duración de 4 anos con opción de estabilización á finalización do contrato na categoría para a que estea acreditado/a ou na mesma categoría con carácter permanente, de ser o caso.
- A modalidade senior require dun cofinanciamento de 25.000 euros por ano e a modalidade junior require de 15.000 euros por ano. As retribucións brutas a percibir son de, aproximadamente, 68.000 euros na modalidade senior e 37.800 na modalidade junior.
Co fin de poder formular unha solicitude que teña posibilidades de éxito ponse en coñecemento da comunidade universitaria para que as persoas interesadas podan formular unha declaración de intencións ata o día 12 de xaneiro. O goberno da Universidade ten un especial interese en promover a captación de investigadores da modalidade senior, polo que priorizará as declaracións desta modalidade.
Esta declaración deberá conter a seguinte información:
- Identificación da persoa propoñente.
- Breve CV das persoas candidatas onde se destaque a súa capacidade para a captación de recursos externos.
- Breve descrición do proxecto de necesidade docente con indicación da área de coñecemento na que se adscribiría.
- Breve descrición do proxecto investigador e de transferencia do coñecemento.
- Capacidade de cofinanciamento por parte dun centro, instituto ou grupo de investigación onde se integre a persoa.
- Breve descrición da posibilidade da persoa aspirante para dirixir equipos humanos como investigador/a principal, dirixir centros de investigación ou transferencia de coñecemento e innovación, ou de instalacións e programas científicos e tecnolóxicos singulares de gran relevancia no ámbito de coñecemento de que se trate.
As declaracións deberán enviarse antes do venres 12 de xaneiro ás 14:00 por correo ao seguinte enderezo investigacion.rrhh@usc.es co asunto CANDIDATURA BEATRIZ GALINDO.
CONVOCATORIA MINISTERIO
Vicerreitoría de Política Científica, Vicerreitoría de Profesorado e Xerencia
Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades Publicado en: Boletín Oficial do Estado Data de publicación: 27/12/2023 Prazo: 28/01/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Documentos e enlaces relacionados
Voltar
|