Convocatorias 2021
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria 7/2023 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 21/07/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 8/2023 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 18/08/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas de Apoio á Etapa Formación Posdoutoral 2023
Estado: Pechada Resume: A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.
Abrir páxina
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral 2023
Estado: Pechada Resume: 
Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento.
DOG
Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 18/09/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais 2023
Estado: Pechada Resume: O programa Doutoramentos industriais ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas e centros de innovación e tecnoloxía que os contraten e que lles permita obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlle novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
DOG Entidade Convocante: Consellería de Economía e Industria Publicado en: Outros Prazo: 18/09/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 9/2023 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 25/09/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios 28º Premio "Carmen e Severo Ochoa"
Estado: Aberta Resume: Dotación: 12.000 euros.
Outorgarase a un investigador polo labor realizado principalmente en España nos últimos cinco anos.
Os candidatos poderán presentarse persoalmente ou ser presentados por algunha das Institucións de relevancia científica no campo da Bioloxía Molecular: Universidades, Institutos de investigación, etc.
Entidade Convocante: Outras Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 10/10/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Axudas á Investigación Fundación Francisco Soria Melguizo 2023
Estado: Aberta Resume: A presente convocatoria de axudas, dotada con 600.000 euros e sobre a que ten información completa en documento anexo, distribúese en dúas seccións:
- A primeira, dirixida a grupos pertencentes ao Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER), destinarase a financiar unha investigación sobre a resistencia aos antimicrobianos entre os grupos de poboación vulnerable, que inclúa propostas innovadoras con aplicación de novas tecnoloxías ou ferramentas de intelixencia artificial na xeración ou análise de datos, destinando ao proxecto que resulte seleccionado un importe de 300.000 euros.
- A segunda, dotada co mesmo importe e de carácter aberto a grupos de investigación de centros públicos ou privados, apoiará unha investigación que aborde o problema da fraxilidade e/o a capacidade intrínseca dos maiores desde a perspectiva da tecnoloxía (uso de sensores, desenvolvemento de plataformas globais de aproximación clínica ao paciente no seu domicilio, aplicación da intelixencia artificial…), tanto con propósito diagnóstico, como de intervención, preventiva ou terapéutica, e seguimento, ben de maneira illada ou de forma global.
Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 19/10/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
|