USC » Investigación » Investigación » Buscador de Investigadores
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación
ACCESO A NOVA WEB DE INVESTIGACIÓN (Apoio ao persoal investigador, xestión, convocatorias, financiamento, etc.)



Destacados

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Investigadores da Universidade de Santiago – Galicia

Otero, Ana

Microbioloxía Nova busca

Foto do investigador
Nome completo: OTERO CASAL, ANA MARIA
Departamento: Microbioloxía e Parasitoloxía
Posición: Titular Universidade - Total (A0504)(FC)(C08)
Teléfono: +34 981 563100 Ext 16913
Páxina persoal:
Correo electrónico: Ver correo electrónico
Grupo de investigación:
Identificadores do investigador: ORCID ID: 0000-0002-3315-5709
WOK Researcher ID: S-1882-2018
Scopus Author ID: 7102264071
Portal de investigación ID: 59797


Presentación:

Presentación
Ana Otero doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1995 cunha tese sobre os cultivos continuos de microalgas mariñas para distintas aplicacións biotecnolóxicas. Fixo dúas estadías post-doutorais como bolseira da Unión Europea, unha en Xapón (National Institute for Basic Biology) sobre bioloxía molecular da síntese de lípidos nas microalgas mariñas, e en Italia (Universitá degli Studi di Firenze) sobre a fisioloxía da síntese de polisacáridos en cianobacterias. Na actualidade é Profesora titular de Microbioloxía da USC. Ademais de continuar coa liña tradicional de investigación sobre aplicacións biotecnolóxicas de microorganismos fotosintéticos, o seu grupo de investigación iniciou en 2006 unha nova liña de investigación para a busca de alternativas ó uso de antibióticos mediante a interceptación dos sistemas de comunicación bacteriana (quorum quenching). Neste campo ten patentadas dúas cepas bacterianas mariñas con unha elevada capacidade de quorum quenching de sinais bacterianas tipo acil-homoserín-lactona. A. Otero é autora de mais de 60 artigos en revistas científicas internacionais, dirixiu 10 teses doutorais e ten participado en máis de 15 proxectos de investigación, tanto nacionais como internacionais.


Intereses e capacidades de investigación:

Intereses e capacidades de investigación
- Inhibidores da comunicación bacteriana
- Producción de microalgas mariñas coa composición bioquímica controlada
- Deseño de medios nutritivos e técnicas de producción de microalgas en cultivo axénico
- Deseño e construcción de multibiorreactores de producción de microalgas en elevada densidade
- Producción de astaxantina pola microalga Haematococcus pluvialis
- Producción de carotenoides de microalgas mariñas
- Deseño de pensos funcionais para o crecemento de peixes e crustaceos
- Tecnoloxías para o control da cadea nutritiva microalga-rotífero-larvas de peixes
- Producción de biopolímeros de cianobacterias


Modificar os meus datos persoais
Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto