Os coñecementos xerados na Universidade de Santiago de Compostela en proxectos financiados con fondos públicos, conforman unha importante base e un sólido aval para a resolución dos retos tecnolóxicos da empresa.
A Universidade de Santiago de Compostela con máis de 1000 clientes empresariais en actividades de investigación e apoio tecnolóxico, constitúe un valioso recurso para o desenvolvemento das estratexias de innovación da empresa.
Situado no contexto global de toda a investigación desenvolvida na USC, nos seguintes informes móstrase un resumen estatístico da actividade de I+D+i nos últimos anos.