Eventos relacionados coa InvestigaciónNesta sección recollemos algún dos eventos de interese para os investigadores.
CONFERENCIAS Programa de Alta Dirección de Instituciones de Investigación, Innovación y Transferencia Tecnológica (PADIIT)
Descricion: Trátase dunha iniciativa dirixida á promoción dunha I+D+i da máxima calidade en España a través dos seus directivos e xestores, proporcionando a estes os mellores coñecementos de xestión e as experiencias máis contrastadas na dirección deste tipo de organizacións.
O prazo de inscrición remata o 31 de marzo de 2022.
Máis información
Data do evento: 21/04/2022 - 16/06/2022 Lugar: IESE, Universidad de Navarra
CURSOS 25ª edición Curso Online Interpretación do Patrimonio
Descricion: O CEIDA acaba de abrir a inscrición para a súa 25ª edición do Curso Básico Online de Interpretación do Patrimonio, dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse nesta disciplina: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, educadores e educadoras en xeral (formal e non formal), etc.
Con esta formación, desenvolvida a través da Aula Virtual do CEIDA, as persoas participantes poderán adquirir os coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para empregar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación, co fin de entregar información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e fomentar así atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.
O idioma dos materiais e recursos didácticos do curso están en galego e español, mais os exercicios e as comunicacións coas docentes, tamén poden realizarse en portugués.
Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-online-basico-de-interpretacion-do-patrimonio-2 Data do evento: 03/05/2022 - 05/06/2022 Lugar: online
CONGRESOS V Congreso Razón Abierta "El hombre en la ciencia contemporánea"
Descricion: Ten unha dobre intención: por unha banda queremos dar a coñecer algúns dos mellores traballos e investigadores do noso tempo, varios deles gañadores das últimas edicións dos Premios Razón Abierta. Eles ensinarannos o camiño que está a seguir a bioloxía, a biotecnoloxía, a física, a ecoloxía, a neurociencia, a educación, etc., para facer unha ciencia máis humana. Por outro, tentaremos profundar nunha mirada sobre a realidade que sitúe á ciencia no camiño do respecto e o servizo ao home e ao mundo.
Máis información Data do evento: 23/05/2022 - 24/05/2022 Lugar: Universidad Francisco de Vitoria
CURSOS Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i
Descricion: A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso "Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i". Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.
Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a persoal investigador contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.
Cunha duración total de 36 horas, distribuídas en 10 sesións de 3 horas e media cada unha, o curso desenvolverase entre o 25 de maio e o 27 de xullo de 2022 en horario de 10:00 a 13:30 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: "Fundamentos sobre transferencia de coñecemento", "Comunicación e presentación da investigación" e "Ecosistema de innovación, impacto e colaboración".
Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 20 de maio ás 13:30 h.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012. Data do evento: 25/05/2022 - 27/07/2022 Lugar: online
XORNADAS XORNADA ERC READING DAY
Descricion: A Xornada ERC Proposal Reading Day é unha iniciativa que ofrece a investigadores candidatos potenciais a unha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC) a oportunidade de ler propostas que foron financiadas nas convocatorias 2014-21 (dispoñibles en papel). Esta xornada, organizada pola FECYT coa colaboración da USC, é posible grazas á xenerosidade dun elevado número de beneficiarios/as de ERC de institucións españolas.
O ERC Reading Day terá lugar nas instalacións do CIMUS, (5h) para un total de 35 participantes (en principio, 20 StG, 10 CoG e 5 AdG). O proceso de selección correrá a cargo da FECYT. Non está contemplada a modalidade on-line.
A INSCRICIÓN debe realizarse a través do enlace: https://www.horizonteeuropa.es/erc/reading-days-2022-spain-pilot
É NECESARIO: • Indicar as 2 propostas que desexe ler. • Aceptar que o seu nombre, apelidos e institución sexan comunicados ao investigador autor da proposta. • Asinar un acordo de confidencialidade coa FECYT (unha vez confirmada a participación).
Requisitos participación • Ser elexible para unha das próximas convocatorias do WP2023. • Estar familiarizado/a coa convocatoria de ERC WP2023 . • Participar nun único Reading Day nesta edición 2022 • Ser personal investigador en alguna institución española.
En caso de alta demanda, establecéronse estes criterios de priorización: • Ter sido invitado/a á segunda fase da avaliación nunha convocatoria de ERC anterior • Ter presentado unha proposta nunha convocatoria ERC anterior. • Proximidade da Institución de acogida da persoa lectora ao lugar onde se realiza o Reading Day. • Ser personal investigador dunha institución española con menos de 5 proxectos ERC concedidos durante el Programa H2020. • Non ter participado como lector/a en alguna das xornadas ERC Proposal Reading Days de 2021. • Distribución equilibrada por sesión entre o personal investigador por institución que opta a este servizo. • Nas jornadas de xuño darase prioridade na adxudicación de prazas de lectura á modalidade Starting Grant.
Ver programa
Pode consultar o catálogo de propostas dispoñibles e toda a información sobre os requisitos e criterios en https://www.horizonteeuropa.es/erc-proposal-reading-days-2022 Data do evento: 16/06/2022 Lugar: Universidade de Santiago de Compostela
|