Guía de Convocatorias
Ayudas » Sin clasificación Axudas á publicación en aberto 2021
Estado: Abierta Resumen: Esta convocatoria interna ten por obxecto mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais incentivando a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, como CIRC, clasificación integrada de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas. Entidad Convocante: Publicado en: Outros Plazo: 31/10/2021 Enlace de interés: Abrir páxina
Axudas Investigación ERC 2021
Estado: Abierta Resumen: As axudas xestionadas polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 27 Estados Membros da Unión Europea e países asociados ao Programa Marco da UE. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes modalidades de axudas,
- ERC Starting Grant (StG): dirixida a apoiar ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, para a creación do seu propio equipo de investigación independente. - ERC Consolidator Grant (CoG): enfocada a apoiar ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, co fin de consolidar o seu propio equipo de investigación independente. - ERC Advanced Grant (AdG): para apoiar ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación. - ERC Synergy Grant (SyG): cuxo obxectivo é apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.
Información da convocatoria Entidad Convocante: Publicado en: Outros Enlace de interés: Abrir páxina
Axudas á publicación en aberto 2020
Estado: Cerrarda Resumen: Esta convocatoria interna ten por obxecto mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais incentivando a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, como CIRC, clasificación integrada de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas.
Prazos de presentación:
- Prazo 1: entre o 8 de maio e o 31 de maio de 2020 ambos inclusive. - Prazo 2: entre o 1 de outubro e o 21 de outubro de 2020 ambos inclusive.
En ámbolos dous casos a comunicación da admisión para publicación debe ser posterior a outubro de 2019 e a data da factura posterior a novembro de 2019. Entidad Convocante: Publicado en: Outros Plazo: Prazo 1: entre o 8 de maio e o 31 de maio de 2020 ambos inclusive.
Prazo 2: entre o 1 de outubro e o 21 de outubro de 2020 ambos inclusive. Enlace de interés: Abrir páxina
Axudas programa ERC
Estado: Cerrarda Resumen: Os programas de financiamento xestionados polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao mellor persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 28 Estados Membros da Unión Europea ou os seus países asociados. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes axudas,
- ERC Starting Grant (StG): apoio ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, dirixida á creación do seu propio equipo de investigación independente.
- ERC Consolidator Grant (CoG): apoio ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, que están dirixidas a consolidar o seu propio equipo de investigación independente.
- ERC Advanced Grant (AdG): apoio ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación.
- ERC Synergy Grant (SyG): apoio a proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.
Co obxectivo de promover a petición destas axudas estratéxicas por parte do persoal investigador da USC, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación abre unha Liña de Axudas destinadas a co-financiar os custos asociados aos traballos de asesoramento ou consultaría na preparación e redacción da proposta a presentar ao ERC.
Esta Liña de Axudas estará aberta ao longo do ano 2020 estando dirixida a aquelas propostas formalizadas a través da Unidade de Proxectos Europeos da Vicerreitoría de Investigación e Innovación que se teñan presentado ou se presenten no marco das convocatorias xestionadas polo ERC. Especificamente contemplaranse as solicitudes presentadas nas convocatorias ERC-2020-StG, ERC-2020-CoG, ERC-2020-AdG e ERC-2020-SyG dentro do Programa H2020, así como as posibles convocatorias para o ano 2021 publicadas polo ERC dentro do Programa Horizonte Europe que teñan o mesmo obxectivo e cuxo peche teña lugar ao longo do ano 2020.
Para esta Liña de Axudas o VII dedicará 15.000€ do seu orzamento, e a financiación máxima por axuda será de 2.000€.
Para a solicitude e percepción da axuda é necesaria a presentación da seguinte documentación,
- Copia da factura pagada da consultora.
- Conta ORCID do IP que deberá estar activa e actualizada a 2020 no momento de solicitar a axuda.
A documentación presentarase a través do rexistro electrónico da Universidade con oficio dirixido ao Servicio de Convocatorias e RRHH de I+D indicando no Asunto da Solicitude Axudas programa ER. Entidad Convocante: Publicado en: Outros Enlace de interés: Abrir páxina
|