USC » Investigación » Investigadores » Produción Científica
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador
Axudas Propias USC
Financiamento á investigación
Subárea de Proxectos Internacionais
Contratación de I+D+i (Empresas,Administracións,...)
Subárea Económica
Produción Científica
Emprego en I+D
Guía de Convocatorias
Comité de Bioética
Acceso aplicación web Kairós
OIT Virtual
XACUS

Outros
Programas propios de investigación
Persoal investigador e de apoio á investigación: a reforma laboral
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Autorización de permisos para a asistencia a congresos, xornadas, etc do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos
NORMATIVA
Acordos Transformativos (AT)
Declaración Institucional de Medidas Antifraude
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo do 8/03/2023 sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Modificación do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2021
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Data límite presentación propostas convocatoria 7/2024 (12/04/2024)
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i (texto consolidado)
Modificación do Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Produción Científica

Novidades

Esta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias.

Contratos laborais


Convocatoria Pública Ordinaria 06/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Estado: Pechada
Resume:

O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.


Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela
Publicado en: Outros
Prazo: 02/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



CITMAga-OT-04/2024: Contratación técnico/a grao medio de investigación

Estado: Aberta
Resume: Prestar apoio na xestión de actividades de investigación do centro para o desenvolvemento da súa axenda científica no período 2022-2025. Apoio na xestión e promoción de actividades de difusión, divulgación e transferencia dos resultados da investigación (organización de reunións, execución de actividades, e xestións afíns relacionadas).
Entidade Convocante: Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Publicado en: Outros
Prazo: 28/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Outras Accións


Programa ICARUS 2024

Estado: Aberta
Resume: ICARUS trata de estimular aos estudantes e extrapolar o seu coñecemento académico para imaxinando e explorando outras posibilidades, nunha sorte de voo de Ícaro, que se atreveu a aplicar a sabiduría e o enxeño para poder chegar máis alá da illa na que estaba confinado.
Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 28/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Premios


VIII Premio Cátedra AgroBank á mellor Tese Doutoral

Estado: Aberta
Resume: O obxectivo deste premio é recoñecer a investigación levada a cabo en agricultura, gandería ou alimentación, en sentido amplo, especialmente nos ámbitos da innovación, calidade ou seguridade agroalimentaria, premiando aquela tese que supoña un avance significativo no coñecemento neste campo.
Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 30/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



III Edición dos Premios á Mellor Invención Protexida mediante Dereitos de Propiedade Industrial

Estado: Aberta
Resume: Constitúen un recoñecemento a investigadores e innovadores na procura do progreso da sociedade a través do seu labor inventiva e creadora. Convocar unha terceira edición supón unha consolidación da OEPM como referente no apoio da Administración Xeral do Estado á innovación e a súa protección mediante dereitos de propiedade industrial.
Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 19/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Proxectos


Subvención actividades de investigación relacionadas cos trastornos do xogo 2024

Estado: Aberta
Resume:

Os proxectos para financiar articularanse nunha das seguintes liñas de investigación:
a) Detección temperá de participantes cun comportamento de xogo de risco ou de maior gravidade.
b) Dano individual, familiar ou social asociado ás actividades de xogo nalgunha das seguintes contornas: saúde persoal; impacto emocional ou psicolóxico, dificultades financeiras, afectación laboral ou de formación académica; dificultades nas relacións sociais; problemas legais.
c) Mecanismos, instrumentos ou procesos de minimización das consecuencias negativas asociadas ás actividades de xogo. d) Relacións entre o sector dos videoxogos e o das actividades de xogo (loterías, xogos de azar, póker, e/o as apostas).
e) Características estruturais das loterías, os xogos de azar, o póker e/o as apostas.
f) Impacto de xénero nos comportamentos de xogo de risco ou de maior gravidade.

• O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ata o 5 de maio de 2024. Estes proxectos deben presentarse dende a Area de Investigación e o prazo interno de envío da documentación a esta oficina sería o 25 de abril.

• A data de inicio do proxecto en ningún caso poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2024, e só poderán estenderse, como máximo, ata o 30 de xuño de 2025.


Entidade Convocante: Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 05/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



Convocatoria de concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P. cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus para impulsar a transición ecolóxica a través de actuacións de capacitación dirixidas a persoas desempregadas, traballadoras e emprendedoras

Estado: Aberta
Resume:

A finalidade destas subvencións é apoiar proxectos que impulsen a transición ecolóxica da economía a través de actuacións de capacitación, dirixidas a persoas desempregadas, traballadoras e emprendedoras. Os proxectos darán resposta aos retos actuais vinculados á transición ecolóxica, contribuíndo a abordar as transformacións sistémicas dos sectores económicos mediante a adquisición de competencias necesarias para responder ás novas oportunidades de emprego no marco dunha economía verde. Á súa vez, as accións contribuirán á redución das brechas de xénero, a igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes e a facer fronte ao reto demográfico.

BOE


Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 02/06/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



Subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais para o ano 2024

Estado: Aberta
Resume:

Os proxectos susceptibles de beneficiarse deste réxime de axudas haberán de ser de investigación orientada á adquisición de novos coñecementos científicos aplicables aos principios que orientan a natureza e función dos parques nacionais.

Os proxectos deberán referirse a un ou varios dos parques nacionais incluídos na Rede de Parques Nacionais.

Os proxectos terán unha duración de tres anos.


Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 06/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Contacto
Xefe Sección de Xestión de RRHH de I+D
Manuel Boquete Botana
881 816 215
manuel.boquete@usc.gal
Xefe de Negociado
David Martínez Martín
881 816 213
david.martinez@usc.gal
Enlaces
Consulta On-Line Journal Citation Report
Consulta On-Line Dice
Consulta On-Line Miar
Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto