USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Novas
AGENCIA ESTATAL DE INVESTIGACIÓN
Convocatoria 2021 Proba de Concepto do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade
Publicado: 28/04/2021

Práceme comunicarlle que foi publicada a convocatoria 2021 de proxectos de I+D+i para a realización de Probas de Concepto do "Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación Orientada a los Retos de la Sociedad".

Os proxectos que desexen participar teñen que cumprir os seguintes requisitos:

  • Os proxectos estarán orientados a valorizar resultados de investigación mediante a realización de actividades que permitan confirmar o potencial innovador da tecnoloxía e incrementar as posibilidades de transferencia a mercado. (Trátase dunha convocatoria similar ao Ignicia de GAIN, DTS do ISCIII, Acelerador de Transferencia da USC, ...).
  • O coñecemento ou o resultado obxecto da proba de concepto debe provir ou estar estreitamente relacionada coa execución dun proxecto de I+D+i financiado pola AEI nas convocatorias de axudas de 2016 e 2017, correspondentes aos programas de Xeración de Coñecemento (PGC), Retos para a sociedade (RTI) e Proxectos de investigación fundamental orientada (RTA).
  • A duración dos proxectos será de 2 anos e a contía das axudas en ningún caso será superior a 150.000 € por proxecto.

Máis información: pdf convocatoria

Prazos de presentación de solicitudes: 10 de maio de 2021 (Co fin de poder garantir a presentación de todos os proxectos na data de finalización do prazo establecido pola Axencia Estatal de Investigación (13 de maio as 14:00h.), é necesario que toda a documentación para a presentación da mesma estea subida na Sede Electrónica. A partir desta data a USC non poderá garantir a presentación das solicitudes en prazo.).

Para calquera dúbida pode  poñerse en contacto coa Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) no correo electrónico: avte@usc.es


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto