Convocatorias 2022
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Axudas á investigación da universidade de santiago de compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2024
Estado: Aberta Resume: Convocatoria de axudas á investigación da universidade de Santiago de Compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2024 Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 08/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria Urxente 12/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Aberta Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 02/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 10/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 24/06/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2024
Estado: Aberta Resume:
- Premio Nacional de Innovación na modalidade "Traxectoria Innovadora", dirixido a persoas cunha traxectoria de polo menos quince anos na que a innovación foi unha das características relevantes.
- Premio Nacional de Innovación na modalidade "Gran Empresa Innovadora", dirixido a grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos quince anos.
- Premio Nacional de Innovación na modalidade "Pequena e Mediana Empresa Innovadora", dirixido a pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
- Premio Nacional de Innovación na modalidade "Nova Talento Innovador", dirixido a persoas cun demostrado potencial innovador, cuxa idade non exceda os trinta e cinco anos.
- Premio Nacional de Deseño na modalidade "Traxectoria en Deseño", dirixido a profesionais ou equipos de profesionais do deseño cunha traxectoria de polo menos quince anos de recoñecido prestixio no sector.
- Premio Nacional de Deseño na modalidade "Deseño e Empresa", dirixido a empresas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
- Premio Nacional de Deseño na modalidade "Novas Profesionais do Deseño", dirixido a deseñadores e deseñadoras cuxa idade non exceda os trinta e cinco anos. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades Publicado en: Outros Prazo: 04/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Nacionais de Investigación e dos Premios Nacionais de Investigación para Mozas 2024
Estado: Aberta Resume: O obxecto da presente orde é aprobar a convocatoria correspondente ao ano 2024 dos Premios Nacionais de Investigación e dos Premios Nacionais de Investigación para Mozas, en réxime de concorrencia competitiva e dacordo con os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 04/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Axudas para o fomento da cultura da innovación pública 2024
Estado: Aberta Resume: Obxecto: Regular o procedemento de concesión de axudas pola FECYT para a realización de actividades de fomento da cultura da innovación pública que se desenvolvan a través das seguintes categorías de proxectos:
a) Proxectos de innovación pública no proceso de formulación de políticas públicas orientados a obter novas evidencias que sirvan para mellorar o seu deseño.
b) Proxectos encamiñados a incrementar a cultura da innovación das administracións públicas mediante programas e actividades de transferencia de coñecemento e de asesoramento científico entre a comunidade científica e as administracións públicas.
Prazo: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas iniciarase o día 15 de xullo de 2024 e finalizará o día 30 de setembro de 2024, ás 13 horas (hora peninsular española).
Praxo interno: 20 de setembro (14:00 h). Unha vez elevada a definitiva a solicitude polo responsable da acción, deberase proceder á firma electrónica dos documentos por parte do representante legal da entidade solicitante. Entidade Convocante: Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 30/09/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para promover a cultura de defensa 2024
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: Finalidade: Promover actividades de promoción e difusión da cultura da defensa, que promovan o coñecemento da defensa como elemento esencial para garantir a seguridade e o benestar en España para que a sociedade española coñeza, valore e se identifique coa súa historia e co esforzo solidario a través do cal as Forzas Armadas salvagardan os intereses nacionais.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta orde no BOE, é dicir, ata o 28 de xuño.
Prazo interno para enviar a documentación á Área de Investigación investigacion@usc.es: 21 de xuño. Entidade Convocante: Ministerio de Defensa Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 28/06/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións destinadas á realización de proxectos de I+D+i 2024
Estado: Aberta Resume: O obxecto desta resolución é a aprobación da convocatoria, correspondente ao ano 2024, para a concesión de subvencións destinadas á realización de proxectos de I D i nas liñas que, referentes aos programas contemplados no Plan de I+D+i del Consejo de Seguridad Nuclear 2021-2025.
A información completa desta convocatoria atópase na web corporativa https://www.csn.es/subvenciones-de-i-mas-d
Prazo de presentación de solicitudes: 6 de xuño 2024 – 5 de xullo de 2024 (23:59 horas). Prazo interno para a remisión da documentación a Área de investigación investigacion@usc.es: 27 xuño de 2024.
Información da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvenciones: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/765545
Buzón de consultas a disposición do organismo convocante: subvencionesid@csn.es
Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 05/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
|