USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Novas
NOVO ACORDO TRANSFORMATIVO ENTRE A CRUE-CSIC E A EDITORIAL WILEY & SONS
Novo acordo transformativo coa editorial Wiley
Publicado: 03/05/2021

A USC, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial Wiley & Sons.

O acordo permite dispoñer de  acceso de lectura a tódalas revistas científicas de Wiley, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas do editor, cando o corresponding author pertenza á USC.

Para as universidades, o acordo permítelles dispoñer de acceso de lectura a tódalas revistas científicas de Wiley, ao tempo que impulsa o aumento das publicacións dos seus investigadores en acceso aberto. Ademais, estímase que habilitará o acceso aberto, eliminando o custo de APC (Article Procesing Charges), a preto das dúas terceiras partes dos artigos publicados polas institucións participantes nas revistas científicas do editor con modelo de subscrición que ofrecen esta posibilidade coma opción (Híbridas).

O acordo estende a súa vixencia aos artigos que vaian a ser publicados en 2021 sempre que foran aceptados despois do 1 de xaneiro de 2021.
 
No seguinte enderezo da Biblioteca Universitaria pódese acceder a mais información sobre este e outros acordos para publicar en aberto.


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto