Se escribe máis dunha palabra evite artigos, preposicións e similares.
Escriba as Palabras con acentos ou sen eles, o buscador non os ten en conta.
Criterios específicos do buscador estandar
Para mellorar os resultados das súas consultas:
No cadro de Investigador non escriba o nome, escriba unicamente o/os apelido/os. Escribir o nome non aporta nada e pode levar a que non se atope o investigador desexado.
Seleccione poucos códigos. Teña en conta que Investigador,Palabras Depto/Inst. e Área Socioeconómica compoñen unha busca "AND", é dicir, se selecciona varios só se mostrarán os grupos que cumpran todos os criterios seleccionados.
Como se ordenan os resultados
Son varios os criterios empregados para devolver ordenados os resultados da consulta, a continuación citamos algún para dar unha idea.
A orden na que estea a liña ou servizo dentro da ficha do grupo na que se atopou a palabra buscada. Por exemplo, se buscamos os grupos con Área Socioeconómica "materiais" sairán de primeiros os que o teñan marcada como código principal.
Onde se atopou a palabra a buscar, non ten o mesmos peso se se atopa en Produción Científica, Liñas de investigación, Servizos, Nome do grupo, ...
O número de veces que aparece a palabra a buscar, canto máis veces aparecera a palabra máis peso terá.