CITMAga-OT-05/2024: 1 contrato como investigador/a colaborador/a
Estado: Aberta Resume:
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Planificación Estratéxica”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dunha ferramenta de “planificación estratéxica en condicións de incerteza”. As funcións centraríanse neste ámbito: realización de tarefas de investigación en optimización matemática (determinista e estocástica), modelización de problemas de programación matemática, tratamento e análise de datos e modelos de predición estatística da ciencia e da industria relacionadas con procesos baixo incerteza.
Entidade Convocante: Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) Publicado en: Outros Prazo: 25/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina