USC » Investigación » Investigadores » Guía
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación
ACCESO A NOVA WEB DE INVESTIGACIÓN (Apoio ao persoal investigador, xestión, convocatorias, financiamento, etc.)



Destacados

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Guía de Convocatorias

Premios » Sen clasificación


Premio Ramon Margalef d'Ecologia 2025

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: Destinado a aquelas persoas de todo o mundo que se distinguiron de forma excepcional no cultivo da ciencia ecolóxica.
Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 19/05/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



Premio Fundación Banco Sabadell á Sustentabilidade Mariña

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: A Fundación Banco Sabadell outorga este premio co obxectivo incentivar e recoñecer o traballo dos científicos españois no campo da sustentabilidade mariña, na explotación sostible dos recursos e na rexeneración do seu capital natural.
Entidade Convocante: Fundación Banco Sabadell
Publicado en: Outros
Prazo: 03/04/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



Premio Fundación Banco Sabadell ás Ciencias e a Enxeñería

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: A Fundación Banco Sabadell outorga este premio, creado en colaboración co BIST (Barcelona Institute of Science and Technology), co obxectivo de recoñecer a traxectoria de mozos investigadores que destacan nas súas respectivas especialidades en campos como as matemáticas, a química, a física ou a enxeñería.
Entidade Convocante: Fundación Banco Sabadell
Publicado en: Outros
Prazo: 03/04/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



Premio Fundación Banco Sabadell á Investigación Biomédica

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: A Fundación Banco Sabadell outorga este premio co obxectivo de recoñecer a excelencia de persoas mozas cunha importante traxectoria no campo da investigación biomédica e das ciencias da saúde, que destacan na súa especialidade pola súa capacidade de innovación.
Entidade Convocante: Fundación Banco Sabadell
Publicado en: Outros
Prazo: 03/04/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



Premio Fundación Banco Sabadell á Investigación Económica

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: A Fundación Banco Sabadell outorga este premio co obxectivo de recoñecer o traballo de persoas investigadoras nos campos do coñecemento económico, empresarial e social, para contribuír á análise e a formulación de alternativas que promovan o benestar social.
Entidade Convocante: Fundación Banco Sabadell
Publicado en: Outros
Prazo: 03/04/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume:

Mellor traballo de investigación Manolo Ramos. Categoría creada en 2024 para recoñecer o labor do persoal docente e investigador en relación coa localización de videoxogos, así como para fomentar liñas de investigación futuras.

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1492


Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 31/03/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina



XVIII Edición Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume:

Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento son expresión do compromiso de responsabilidade social do Grupo BBVA co recoñecemento da investigación e a creación cultural de excelencia en diversas áreas do coñecemento.

Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento constan das seguintes categorías:

1. Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas).
2. Bioloxía e Biomedicina.
3. Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
4. Cambio climático e Ciencias do Medio Ambiente.
5. Economía, Finanzas e Xestión de Empresas.
6. Humanidades.
7. Ciencias Sociais.
8. Música e Ópera.

A dotación dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento é, en cada unha das súas categorías, de 400.000 euros, un diploma e un símbolo artístico.

Os/as candidatos/as poderán ser nomeados/as polas seguintes institucións, entre outras: sociedades ou organizacións científicas ou artísticas; academias científicas ou culturais nacionais ou rexionais; centros públicos ou privados de I+D; facultades, departamentos ou institutos universitarios ou de investigación e ensino, etc.

Unha mesma organización, institución ou nominador/a individual poderá presentar máis dunha candidatura, sen límite de número, pero non a un/a mesmo/a candidato/a para distintas categorías.

As candidaturas e a súa documentación poderán ser presentadas a partir do 1 de xaneiro e ata as 16 horas GMT do 30 de xuño de 2025, exclusivamente en lingua inglesa, a través do formulario dispoñible no sitio web dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na seguinte dirección: http://www.premiosfronterasdelconocimiento.es
Entidade Convocante: Fundación BBVA
Publicado en: Outros
Prazo: 30/06/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina


Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto