Guía de Convocatorias
Proxectos » Ámbito Nacional Axudas de apoio a proxectos transformadores para a promoción da bioeconomía ligada ao ámbito forestal e a contribución á transición ecolóxica
Estado: Aberta Resume: Enlace ao anuncio no BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/27/pdfs/BOE-B-2023-12404.pdf
Enlace á web ás bases, convocatoria e documentación: https://fundacion-biodiversidad.es/convocatorias_del_pr/convocatoria-de-ayudas-para-el-fomento-de-la-bioeconomia-forestal-2023/
• O obxecto desta convocatoria é fomentar o desenvolvemento de proxectos transformadores que contribúan á promoción da bioeconomía, a transición ecolóxica, ao reto demográfico e ao fortalecemento de capacidades, que fomenten a participación, a igualdade de xénero e a xeración de emprego verde, de natureza científico-técnica, todo iso especialmente ligado a ecosistemas forestais e ao aproveitamento e xestión forestal sostible.
• A convocatoria enmárcase no investimento 4 (I4) denominada “xestión forestal sostible”, do compoñente 4 “conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade” (C4.I4) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
• Como máximo, admitirase para a súa avaliación unha proposta por entidade solicitante (que actúe como representante). Nesa proposta por entidade non contarán as propostas nas que esa entidade forme parte dunha agrupación sen que sexa representante da mesma.
• A limitación dunha proposta por entidade obriga a realizar unha selección previa. Para os efectos, deben cumprimentar o documento que se achega e reenvialo a esta Área de Investigación, á dirección investigacion@usc.es ata o 22 de maio (inclusive).
• A presentación de solicitudes realizarase de forma telemática a través da páxina web da FB (www.fundacion-biodiversidad.es) por parte da entidade solicitante (fin de prazo 30 xuño). Entidade Convocante: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 30/06/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas para o desenvolvemento de actividades de investigación relacionadas coa prevención dos trastornos do xogo, cos efectos derivados dos devanditos trastornos ou cos riscos asociados a esta actividade 2023
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións para o desenvolvemento de investigacións relacionadas coa prevención dos trastornos do xogo, cos efectos dos devanditos trastornos ou cos riscos asociados a esta actividade.
Os proxectos a financiar articularanse nalgunha das seguintes liñas de investigación:
a) Detección precoz de participantes con comportamento de xogo arriscado ou máis grave.
b) Danos individuais, familiares ou sociais asociados ás actividades de xogo en calquera das seguintes configuracións: saúde persoal; impacto emocional ou dificultades psicolóxicas, económicas, de implicación laboral ou de formación académica;dificultades nas relacións sociais; problemas legais.
c) Mecanismos, instrumentos ou procesos para minimizar as consecuencias negativas asociadas ás actividades de xogo.
d) Relacións entre o sector dos videoxogos e as actividades de xogo (loterías, xogos de azar, póquer e/ou apostas).
e) Características estruturais das lotarías, xogos de azar, o póker e/ou apostas.
f) Impacto do xénero nas condutas de risco ou de xogo maior gravidade.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado (ata o 18 de maio).
DECLARACIÓN DE INTERESE
Segundo a convocatoria, a USC só pode presentar un proxecto, polo tanto, en caso de que varios investigadores estivesen interesados nesta convocatoria, sería necesaria unha selección previa. Por este motivo, establécese un prazo ata o 28 de abril para indicarnos o seu interese, mediante o envío dun e-mail á dirección investigacion@usc.es Entidade Convocante: Ministerio de Consumo Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 18/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial 2023
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: BOE
As axudas convocadas polo Ministerio de Cultura e Deporte teñen por obxecto a realización de proxectos de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da Orde no "Boletín Oficial do Estado" (é dicir, ata o 21 de maio).
DECLARACIÓN DE INTERESE
Segundo a convocatoria, a USC só pode presentar un proxecto, polo tanto, en caso de que varios investigadores estivesen interesados nesta convocatoria, sería necesaria unha selección previa. Por este motivo, establécese un prazo ata o 2 de maio para indicarnos o seu interese, mediante o envío dun e-mail á dirección investigacion@usc.es Entidade Convocante: Ministerio de Cultura y Deporte Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 21/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións públicas destinadas á realización de Investigacións Feministas 2023
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: Realizar Investigacións Feministas orixinais e inéditas, así como promover investigación aplicada sobre o tema.
Quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do Extracto da convocatoria no BOE, é dicir, ata o 10 de maio. As solicitudes deben presentarse por parte do Representante Legal na sede electrónica do Ministerio de Igualdad desde esta Área de Investigación e para garantir esa presentación, establécese un prazo interno ata o 3 de maio (inclusive) co obxecto de que os investigadores interesados nos remitan a documentación correspondente. Entidade Convocante: Ministerio de Igualdad Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 10/05/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de proxectos de Xeración de Coñecemento 2022
Estado: Pechada Resume: Ver convocatoria
Co fin de poder garantir a presentación de todas as solicitudes na data de finalización do prazo establecido pola Agencia Estatal de Investigación, para a USC é preciso que as persoas solicitantes teñan subida na Sede Electrónica de la Agencia Estatal toda a documentación requirida antes da data indicada mais abaixo. A partir desta data a USC non poderá garantir a presentación das solicitudes en prazo:
• A data límite para rematar o procedemento de solicitude e garantir a presentación da mesma por parte da USC será o 27-01-2023 ás 14:00 h.
• Acceso ao Formulario de solicitude da Axencia Estatal Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia e Innovación Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 31/01/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos de colaboración público-privada 2022
Estado: Pechada Resume: As axudas teñen por obxecto o financiamento de proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración entre empresas e organismos de investigación, a fin de avanzar na incorporación de coñecementos e resultados científico-técnicos que permitan a validación e o desenvolvemento precompetitivo de novas tecnolóxicas, produtos e servizos, creando o contexto adecuado que estimule a xeración dunha masa crítica en I+D+i de carácter interdisciplinar para a súa aplicación, transferencia, procura de solucións e xeración de resultados tanto nas traxectorias tecnolóxicas e de innovación das empresas como no mercado. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia e Innovación Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 07/03/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Programa investigación fundamentos Fundación BBVA 2022
Estado: Aberta Resume: O Programa Fundamentos está aberto a proxectos liderados por ata tres investigadores principais dunha ou máis disciplinas, podendo incorporar tamén investigadores adscritos a centros de calquera outro país.
Concederase un máximo de 5 axudas cun importe bruto máximo de 600.000 euros por proxecto. O prazo máximo de execución dos proxectos seleccionados será de 3 anos. Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Outros Prazo: 30/05/2023 ás 18:00 h. Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas á investigación Fundación Francisco Soria Melguizo
Estado: Pechada Resume: A Fundación Francisco Soria Melguizo lanza unha nova convocatoria de Axudas á Investigación, correspondentes ao exercicio 2022.
Con esta nova convocatoria, a Fundación quere impulsar o avance do coñecemento biomédico mediante unha investigación de excelencia, innovadora e con orientación traslacional, que poida contribuír á loita contra os problemas de saúde de máxima relevancia e que teñan un alto impacto social.
A convocatoria de axudas, dotada con 650.000 euros, divídese en dous apartados. A primeira, dirixida a colectivos pertencentes ao Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER), destinarase ao financiamento da investigación sobre resistencias antimicrobianas que propoña solucións no seu diagnóstico, prevención e/ou tratamento, destinando ao proxecto seleccionado unha contía de 325.000 euros. A segunda, aberta a grupos de investigación de centros públicos ou privados, apoiará a investigación no ámbito do envellecemento saudable, e está dotada coa mesma contía.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 4 de outubro de 2022 ás 20:00 horas, hora peninsular española. (VER CONVOCATORIA). Todas as solicitudes presentaranse cubrindo o modelo de solicitude que se adxunta como anexo. Este formulario deberá enviarse ao enderezo electrónico ayudas2022@fundacionsoriamelguizo.org indicando no asunto da mensaxe Convocatoria de Subvencións para a Fundación Francisco Soria Melguizo, o número da sección á que se presenta (1 ou 2) e o nome de o investigador principal. (Ex. Convocatoria de subvencións Fundación Soria Melguizo, Sección 2, PI: Pedro XXXX). Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 04/10/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria 2022 Liñas Estratéxicas do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023
Estado: Pechada Resume: Convocatoria 2022 de proxectos de I+D+i en liñas estratéxicas do "Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023”.
BOE
Prazos de presentación de solicitudes: 1 de Xullo de 2022 (Co fin de poder garantir a presentación de todos os proxectos na data de finalización do prazo establecido pola Axencia Estatal de Investigación (5 de Xullo as 14:00h.), é necesario que toda a documentación para a presentación da mesma estea subida na Sede Electrónica. A partir desta data a USC non poderá garantir a presentación das solicitudes en prazo.). Entidade Convocante: Agrupación Europea de Cooperación Territorial (GNP-AECT) Publicado en: Outros Prazo: 05/07/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para a realización de proxectos de I+D+i relacionados coas funcións do Organismo
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente Resolución é efectuar a convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de proxectos de I+D+i nas materias que, enmarcadas dentro dos programas de I+D+i do Consello de Seguridade Nuclear (en diante CSN). Entidade Convocante: Consejo de Seguridad Nuclear Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 24/07/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria subvención para a realización de posgraos de estudos feministas e de xénero e actividades do ámbito universitario realacionadas coa igualdade 2022
Estado: Pechada Resume: Concesión de subvencións públicas, co obxectivo de realizar posgraos de estudos de xénero conducentes á obtención do título de máster universitario e de Doutora ou Doutor, así como actividades do ámbito universitario relacionadas coa igualdade.
Convocatoria
Declaración de interese Entidade Convocante: Instituto de las Mujeres Publicado en: Outros Prazo: 08/06/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable en España
Estado: Pechada Resume: - Financiamento de proxectos e iniciativas cuxas finalidades sexan o impulso, a promoción e a aliñación de políticas públicas, así como a realización de actividades para o fortalecemento e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes para contar desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no "Boletín Oficial do Estado, é dicir, ata o 20 de xuño.
- As solicitudes deben presentarse dende esta Área de Investigación, establecéndose un prazo interno ata o 13 de xuño para o envío da documentación por parte dos investigadores interesados. Entidade Convocante: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 Publicado en: Outros Prazo: 20/06/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023
Estado: Aberta Resume: Subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Instituto de salud Carlos III.
https://www.isciii.es/QueHacemos/Financiacion/solicitudes/Documents/Resoluci%C3%B3n.pdf
Prazo de solicitudes (ver convocatoria apartado quinto do extracto da resolución do 7 de febreiro de 2022).
https://boe.es/boe/dias/2022/02/09/pdfs/BOE-B-2022-3791.pdf
Os participantes que presenten solicitudes onde a entidade xestora sexa a USC deberán comunicalo ao seguinte correo electrónico: recursoshumanos.investigacion@usc.es
O prazo interno para que a USC poida validar a súa solicitude finaliza 5 días de antes da data fin de presentación de solicitudes de cada modalidade. Entidade Convocante: Ministerio de Ciencia e Innovación Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: ver convocatoria apartado quinto de Extracto de la Resolución de 7 de febrero de 2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
|