Guía de Convocatorias
Proxectos » Sen clasificación Axudas para a realización de proxectos de investigación científica na Red de Parques Nacionales 2023
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: O obxectivo fundamental da convocatoria é promover o mellor coñecemento científico en materias relacionadas coa Rede de Parques Nacionais e o fomento da investigación científica, segundo o establecido no artigo 5 da Lei 30/2014, do 3 de decembro, de Parques Nacionais. Entidade Convocante: Agencia Estatal de Investigación Publicado en: Outros Prazo: 17/04/2023 Ligazón de interese: Abrir páxina
Acelerador de transferencia da USC 2022
Estado: Pechada Resume: As condicións esenciais que deben reunir os proxectos para ser elixibles para o “Acelerador de Transferencia” son: 1) Identificar claramente cal é a fenda existente entre o resultado de investigación e o mercado;2) Garantir un cambio de estado co desenvolvemento do proxecto; 3) Ter o compromiso dunha empresa para que, no caso de que os resultados obtidos no “Acelerador de Transferencia” sexan exitosos, continúe co proceso de desenvolvemento do produto e/ou comercialización.
Tamén se poderá dar apoio a aqueles proxectos que teñan como obxectivo avanzar no proceso de valorización de xeito que se obteña maior madurez na comprensión da súa potencialidade de transferencia. Así, poderanse apoiar proxectos para levar a cabo informes de mercado, asesoramento regulatorio, follas de ruta para o seu desenvolvemento, etc. que poidan facilitar a captación de fondos doutras convocatorias de valorización
Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE.
O financiamento dos proxectos será de ata 40.000 euros e a duración dos mesmos entre 3 e 9 meses.
O prazo para presentar solicitude para o “Acelerador de Transferencia” remata o 27 de xaneiro de 2022.
Para poder presentar unha proposta a convocatoria do Acelerador de Transferencia debe inscribirse previamente na seguinte ligazón: acceso convocatoria Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 03/02/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións destinadas a actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable en España
Estado: Pechada Resume: Ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións para conceder, en réxime de concorrencia competitiva, polo Ministerio de derechos Sociales y Agenda 2030, con cargo aos créditos dos seus orzamentos, a proxectos e iniciativas cuxas finalidades sexan o impulso, a romoción e a aliñación de políticas públicas, así como a realización de actividades para o fortalecemento e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
Prazo interno de presentación de solicitude: 4 de outubro. Entidade Convocante: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 08/10/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre adiccións
Estado: Pechada Resume: Esta convocatoria considera fundamental o enfoque de xénero nas políticas de investigación sobre adiccións, constituíndo unha variable transversal a introducir no desenvolvemento das investigacións e na xestión desta convocatoria. Entidade Convocante: Ministerio de Sanidad Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 02/10/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
|