Guía de Convocatorias
Proxectos » Comunidade Autónoma Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2021
Estado: Aberta Resume: A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades: • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). • Modalidade C: Proxectos de excelencia.
DOG Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación e Universidade Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 16/03/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de 21 proxectos de investigación, difusión e didáctica sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións
Estado: Pechada Resume: Pola presente resolución convócanse para o exercicio 2020, en réxime de concorrenciacompetitiva, 21 proxectos de investigación, divulgación e docencia para a Cátedra Institucionalda USC do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.
O financiamento da presente convocatoria, por un importe máximo de 63.000 €, efectuarase con cargo a partida orzamentaria 5075.4326.22900 da Cátedra do Camino de Santiago e as Peregrinacións.
Con cargo a este importe financiaranse 21 proxectos para a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cun financiamento máximo de 3.000 euros por proxecto.
ver convocatoria Entidade Convocante: Cátedra do Camino de Santiago e as Peregrinacións Publicado en: Outros Prazo: 23/10/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos de Investigación sobre a COVID-19
Estado: Pechada Resume: Apoiar proxectos sobre a Covid-19 que foron presentados á convocatoria do Instituto de Saúde Carlos III pero non acadaron financiamento (código de procedemento IN845D).
Titorial presentación solicitudes na sede da Xunta Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Outros Prazo: 20/09/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19
Estado: Pechada Resume: A presente resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas da Axencia Galega de Innovación, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada pola Resolución do 19 de marzo, da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III, e non acadaron financiamento, e realizar a súa convocatoria en 2020 (código de procedemento administrativo IN845D). Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 24/09/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Consolidación unidades mixtas de investigación 2020
Estado: Pechada Resume: A consolidación, fortalecemento e mantemento da actividade investigadora e innovadora das unidades mixtas de investigación creadas ao abeiro das convocatorias de axudas de GAIN dos anos 2016 e 2017, dando así continuidade e evolución as expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas.
Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 20/03/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Unidades mixtas de investigación 2020
Estado: Pechada Resume: A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.
Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 20/03/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2020
Estado: Pechada Resume: A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: grupos de referencia competitiva.
- Modalidade B: grupos con potencial de crecemento.
- Modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.
DOG
Acceso aos modelos de solicitude e certificados Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación e Universidade Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 18/03/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas para a innovación no sector pesqueiro 2020
Estado: Pechada Resume: Axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Acceso á sede electrónica Entidade Convocante: Consellería do Mar Publicado en: Outros Prazo: 29/02/2020 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020)
Estado: Pechada Resume: Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).
Resolución
Extracto Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Outros Prazo: 30/10/2019 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de Proxectos de investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2019
Estado: Pechada Resume: Poderán solicitar este proxectos o persoal docente e investigador (PDI) a tempo completo en servizo activo na Universidade de Santiago de Compostela, que desenvolvan a súa actividade investigadora encol do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.
consultar taboleiro Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 29/07/2019 Ligazón de interese: Abrir páxina
Subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Estado: Pechada Resume: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas ao abeiro da RIS3 Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 orientadas:
a) Ao fomento da participación galega de calidade no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (en diante, Programa marco).
b) Á coordinación estratéxica entre ambas as fontes de financiamento, apoiando propostas presentadas a convocatorias do instrumento peme do Programa marco, ou a accións do Consello Europeo de Innovación (CEI) que lle dean continuidade, cunha excelente avaliación pero que non puideron ser financiadas por insuficiencia de crédito. Entidade Convocante: Axencia Galega de Innovación (GAIN) Publicado en: Outros Prazo: Según convocatoria Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria de axudas para realizar proxectos de investigación e para crear grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas
Estado: Pechada Resume: Realizar proxectos de investigación que teñan como obxectivo a promoción do desenvolvemento humano e sustentable, consonte a axenda nacional e internacional de desenvolvemento e, en particular, aliñados cos ODS de Nacións Unidas.
DOG Entidade Convocante: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 21/06/2019 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas á Proxectos, Destinados ao Desenvolvemento de Medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Estado: Pechada Resume: Consideraranse proxectos de investigación dirixidos ao desenvolvemento dunha ou varias das accións seguintes (asociadas ás correspondentes medidas do documento refundido final do Pacto de Estado contra a violencia de xénero):
- Estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario (medida 8).
- Estudo sobre a situación das mulleres maiores de 65 anos que sofren violencia de xénero. (medida 100).
- Estudo sobre a situación dos menores (custodia, réxime de visitas, relacións co pai maltratador…) (medida 204).
- Investigación en violencias sexuais: estudos diagnósticos, desenvolvemento estatístico, unificación de datos e publicidade dos mesmos. Estudios de prevalencia e deseño de indicadores para todos os tipos de violencias sexuais (medida 257).
- Estudo sobre as novas realidades da Trata e as respostas operativas que deben implementarse para que as actuacións policiais teñan maior facilidade á hora de intervir en espazos de alto nivel de control por parte dos proxenetas, incluídas as vivendas (medida 266).
- Sistemas de análise estatística que recolla as violencias machistas que sofren as mulleres que exercen a prostitución (medida 269).
Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 31/05/2019 Ligazón de interese: Abrir páxina
Bolsas de colaboración en proxectos de investigación 2019
Estado: Pechada Resume: Esta resolución ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións que rexerán a convocatoria de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970B), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora. Entidade Convocante: Consello da Cultura Galega Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 30/05/2019 Ligazón de interese: Abrir páxina
|