Xestións On-Line |  |
|
Guía de Convocatorias
Outras Accións » Sen clasificación Subvencións destinadas a actividades relacionadas coa recuperación da Memoria Democrática e as vítimas da Guerra Civil e da Ditadura
Estado: Aberta Resume: Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para levar a cabo os seguintes proxectos ou iniciativas:
- Estudos e investigacións relativas á recuperación da Memoria Democrática, así como ao recoñecemento moral das vítimas da Guerra Civil e da Ditadura.
- Publicacións e organización de cursos, xornadas, conferencias, exposicións e demais eventos de tipo científico e/o divulgativo sobre a Memoria Democrática.
- A recompilación, conservación, estudo e difusión do patrimonio documental escrito, oral, audiovisual (fotografías, carteis, gravacións sonoras, películas...) ou intelectual (manifestacións artísticas, musicais, literarias...) da Guerra Civil e/o da Ditadura.
Unicamente poderá presentarse un máximo de catro solicitudes por entidade solicitante. Cada solicitude só contemplará un proxecto. As entidades ou persoas que actúen como solicitantes non poderán participar como colaboradoras en proxectos doutras solicitudes.
IMPORTANTE:
Debido á limitación de solicitudes que establece esta convocatoria e ao reducido do prazo de presentación, ata o 6 de xullo inclusive (dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado), os investigadores interesados seguirán o seguinte procedemento:
- Enviar unha declaración de interese ata o día 27 de xuño, imprescindible para, se fose necesario, planificar unha selección.
- Enviar a documentación correspondente como máximo ata o 4 de xullo.
Entidade Convocante: Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 06/07/2022 Ligazón de interese: Abrir páxina
Voltar
|