Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster 2021
Estado: Pechada Resume:
O obxectivo desta acción é promover o acceso e a iniciación á investigación para estudantes matriculados no curso 20-21 nun máster oficial da USC que demostraron un alto nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación centrado nun traballo de investigación supervisado. Para tal fin, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación convoca 30 bolsas de iniciación á investigación. O número de bolsas poderá ser incrementado en función da dispoñibilidade orzamentaria.
Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 19/04/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina