A Fundación Daniel e Nina Carasso abre unha nova edición da convocatoria Daniel Carasso Fellowship para apoiar a investigadores/as postdoutorais comprometidos coa promoción de sistemas alimentarios sostibles.
A axuda permitirá financiar a contratación e o desenvolvemento da actividades de investigación das persoas beneficiarias nunha universidade ou centro de investigación español público ou privado sen ánimo de lucro durante un período de dous anos.
As axudas Daniel Carasso Fellowship serán adxudicadas en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o 10 de marzo de 2025. Para máis información, consulte as bases da convocatoria na web da Fundación: https://www.fondationcarasso.org/es/
Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 10/03/2025 Ligazón de interese: Abrir páxina