USC » Investigación » Investigadores » Guía
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación
ACCESO A NOVA WEB DE INVESTIGACIÓN (Apoio ao persoal investigador, xestión, convocatorias, financiamento, etc.)



Destacados

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Guía de Convocatorias

Contratos Laborais » Sen clasificación


Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2025

Estado: Pechada
Resume:

Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas os organismos e entidades que presenten como candidatas persoas co grao de doutoramento que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:

• Que estivesen contratadas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2022 e que non renunciaran ao contrato.
• Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e 2021 nas entidades alleas ao SUG, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral en convocatorias anteriores.

As persoas investigadoras que tiveron ou teñan unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei ou que non finalizaran o seu contrato antes do día 1 de setembro de 2025, poderán optar entre participar nesta convocatoria ou na do ano 2026, de ser convocada. A participación nesta convocatoria impide participar na do ano 2026, de ser convocada.


Entidade Convocante: Consellería de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional
Publicado en: Outros
Prazo: 28/02/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina


Documentos e enlaces relacionados

Voltar

Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto