Guía de Convocatorias
Premios » Sen clasificación XVIII Edición Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento
Estado: Aberta Resume: Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento son expresión do compromiso de responsabilidade social do Grupo BBVA co recoñecemento da investigación e a creación cultural de excelencia en diversas áreas do coñecemento.
Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento constan das seguintes categorías:
1. Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas).
2. Bioloxía e Biomedicina.
3. Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
4. Cambio climático e Ciencias do Medio Ambiente.
5. Economía, Finanzas e Xestión de Empresas.
6. Humanidades.
7. Ciencias Sociais.
8. Música e Ópera.
A dotación dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento é, en cada unha das súas categorías, de 400.000 euros, un diploma e un símbolo artístico.
Os/as candidatos/as poderán ser nomeados/as polas seguintes institucións, entre outras: sociedades ou organizacións científicas ou artísticas; academias científicas ou culturais nacionais ou rexionais; centros públicos ou privados de I+D; facultades, departamentos ou institutos universitarios ou de investigación e ensino, etc.
Unha mesma organización, institución ou nominador/a individual poderá presentar máis dunha candidatura, sen límite de número, pero non a un/a mesmo/a candidato/a para distintas categorías.
As candidaturas e a súa documentación poderán ser presentadas a partir do 1 de xaneiro e ata as 16 horas GMT do 30 de xuño de 2025, exclusivamente en lingua inglesa, a través do formulario dispoñible no sitio web dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na seguinte dirección: http://www.premiosfronterasdelconocimiento.es Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Outros Prazo: 30/06/2025 Ligazón de interese: Abrir páxina
Voltar
|